Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Venres, 29 de marzo de 2019 Páx. 16527

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 288/2018).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 288/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marta Cruz Castelo, contra a empresa Ferrino Gisela Nair, sobre reclamación de cantidade, se ditou Decreto do 7 de marzo de 2019, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar o/os executado/s Ferrino Gisela Nair en situación de insolvencia total por importe de 3.770,67 euros en concepto de principal, máis 733,38 euros en concepto de intereses de mora, máis 450,40 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá, para todos os efectos, como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución, se, en diante, se coñecen novos bens do executado.

c) Publicar a insolvencia no Diario Oficial de Galicia, ao tratarse de persoa física.

d) Levar o orixinal ao libro de decretos, deixando testemuño nas presentes actuacións.

Notifíquese ás partes e a Ferrino Gisela Nair, por medio de edictos no DOG, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin fornecerán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social N. 3 aberta en Banco Santander, conta nº 5076 0000 64 0288 18. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá ingresarse en conta número 000493569920005001274, e no campo “concepto” deberá indicar o número de conta “5076 0000 64 0288 18”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acordo, mando e asino. Dou fe.

A letrada da Administración de xustiza».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións faranse fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

Para que sirva de notificación a Ferrino Gisela Nair, expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2019

A letrada da Administración de xustiza