Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Venres, 29 de marzo de 2019 Páx. 16526

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 288/2018).

ETX. Execución de títulos xudiciais 288/2018

Procedemento de orixe: procedemento ordinario 917/2016

Sobre ordinario

Demandante: Francisco José Lago Rodríguez

Avogado: Francisco José Lago Rodríguez

Demandados: Ferrino Gisela Nair, Fogasa

Avogado/a: letrado/a de Fogasa

Declaración de insolvencia.

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que na execución seguida neste xulgado co número 288/2018, por instancia de Marta Cruz Castillo contra o executado Ferrino Gisela Nair, sobre reclamación de cantidade, se ditou o día 7 de marzo de 2019 decreto de insolvencia no sentido de declarar o executado en situación de insolvencia total por importe de 3.770,67 euros de principal máis 733,38 euros en concepto de xuros de demora máis 450,40 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional. De conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido este edicto para a súa inserción no boletín ao seu cargo.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2019

A letrada da Administración de xustiza