Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Xoves, 28 de marzo de 2019 Páx. 16291

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (DSP 1161/2017 MA).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1161/2017, por instancia de Tatiana María Castro Casal contra Fogasa, Gestcom Marketing, S.L. e outros, sobre despedimento, en que se ditou sentenza con data do 25 de febreiro de 2019 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido:

Estímase a demanda interposta por Tatiana María Castro Casal contra a empresa Gestcom Marketing, S.L. e o seu administrador concursal e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada Gestcom Marketing, S.L. á demandante Tatiana María Castro Casal.

– Condénase a Gestcom Marketing, S.L. a que, no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza, opte entre a readmisión da demandante ou o aboamento dunha indemnización de 1.424,34 euros. O aboamento desta indemnización determina a extinción do contrato de traballo. En caso de optar pola readmisión, deberá aboar os salarios de tramitación a razón de 17,86 euros diarios, vinculando tales declaracións ao administrador concursal.

– Condénase a Gestcom Marketing, S.L. a aboar á traballadora a cantidade de 891,57 euros. Os conceptos salariais devindicarán o xuro moratorio do 10 %. Tales declaracións vincúlanse ao administrador concursal.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Publicación. Esta sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a ditou no mesmo día da súa data, en audiencia pública. Dou fe».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Gestcom Marketing, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 6 de marzo de 2019

A letrada da Administración de xustiza