Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Mércores, 27 de marzo de 2019 Páx. 16193

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Culleredo

ANUNCIO de xestión de biomasa.

Ao non ser posible a práctica de comunicación aos titulares das referencias catastrais que se relacionan a seguir por causas non imputables a esta Administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión de biomasa co fin de que no prazo de quince (15) días, que comezarán a contarse desde o día seguinte ao da publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado, os interesados no procedemento procedan á xestión da biomasa, segundo o establecido nos artigos 135 e 136 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, así como á retirada de especies arbóreas prohibidas a que se refire o artigo 22 da citada lei.

Nº de expediente

Referencia catastral

Propietario

UME/2018/450

9871405NH4997S

Bernardo Humberto Torrón Castro

Culleredo, 7 de marzo de 2019

José Ramón Rioboo Castro
Alcalde presidente