Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Mércores, 27 de marzo de 2019 Páx. 16191

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de nomeamento da xefa do Servizo de Orzamentos e Estudos Económicos.

Por resolución da concelleira delegada de Facenda e Administración, por delegación da Xunta de Goberno Local, do 4 de marzo de 2019, resolveuse o seguinte:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de xefe do Servizo de Orzamentos e Estudos Económicos deste concello, aprobada por resolución da concelleira delegada de Facenda e Administración, por delegación da Xunta de Goberno Local, do 20 de decembro de 2018 (DOG nº 248, do 31 de decembro).

Segundo. Adxudicar a Belén Blanco de Azpiazu o posto de traballo de xefa do Servizo de Orzamentos e Estudos Económicos, de conformidade coa relación de postos de traballo aprobada por Acordo da Xunta de Goberno Local do 31 de agosto de 2017 e coas características que se describen na seguinte táboa:

Servizo

Cd. u.

org.

Unidade org.

Ref. pto.

Pto. traballo

Dot.

Gr.

N/C

Escala

RE

Element. espec.

TP

FP

UE

Adm.

Observac.

Pr. Es. Ec.

SH0000

Orzam. e Est. Eco.

72

X. Servizo

1

A1

28

AX/AE

F

FR14 ED

N

LD

N

TD

Criterios establecidos art. 17.4.a).4 e 4.e) normas de xestión

Terceiro. O expresado nomeamento producirá efectos a partir da data de toma de posesión do posto de traballo obxecto da presente convocatoria.

O cesamento no destino actual do persoal que obtivo praza producirase no prazo de tres días hábiles, contados a partir do seguinte ao da data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días hábiles a partir do seguinte ao do cesamento, se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro.

O cómputo de prazos de posesión iniciarase cando se finalicen os permisos ou licenzas que, se é o caso, fosen concedidas ao citado persoal. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria, iniciarase a partir da correspondente alta.

Cuarto. Notifíqueselle a presente resolución á interesada e ao director de Economía, Facenda e Administración.

A Coruña, 14 de marzo de 2019

O Alcalde
P.D. (Decreto do 15.6.2016)
Eduardo Mera Rico
Director de Economía, Facenda e Administración