Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Martes, 26 de marzo de 2019 Páx. 15974

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (PO 1169/2016).

Eu, Juan Rey Pita, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1169/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Agustín Aurelio Fraga García contra Transportes y Comunicaciones Mediodía, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse a Resolución do 28.2.2019 contra a que non cabe recurso por razón da contía, sen prexuízo do disposto no artigo 191.3 da LRXS, e fáiselles saber que no devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

E para que sirva de notificación en legal forma a Transportes y Comunicaciones Mediodía, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 6 de marzo de 2019

O letrado da Administración de xustiza