Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Martes, 26 de marzo de 2019 Páx. 15973

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2019, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de coordinador/a de enfermaría de Atención Primaria do Centro de Saúde de Lérez.

Mediante a Resolución do 1 de agosto de 2018, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés (DOG nº 162, do 27 de agosto), convocouse para a súa provisión, polo sistema de libre designación, un posto de coordinador/a de enfermaría de Atención Primaria do Centro de Saúde de Lérez.

A base cuarta da resolución establece que «Rematado o prazo de presentación de solicitudes, e unha vez revisada a documentación, o xerente ditará unha resolución de nomeamento ou, se o considera oportuno, declarará deserta a coordinación convocada». Neste caso non se presentaron candidatos/as ao posto convocado, polo que se declara deserta a convocatoria.

En virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde (DOG nº 47, do 7 de marzo), e a Orde do 28 de setembro de 2011 pola que se desenvolve a estrutura organizativa de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés e se delegan competencias nos seus órganos directivos (DOG nº 188, do 30 de setembro), modificada pola Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo) esta xerencia

RESOLVE:

Primeiro. Declarar deserta a convocatoria do posto de coordinador/a de enfermaría de Atención Primaria do Centro de Saúde de Lérez.

Segundo. Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, segundo o establecido nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Pontevedra, 1 de marzo de 2019

José Ramón Gómez Fernández
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés