Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Martes, 26 de marzo de 2019 Páx. 15971

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 1 marzo de 2019, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se resolve o procedemento de reavaliación do posto de supervisor/a de unidade de Atención ao Usuario do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra.

As bases do procedemento de reavaliación de determinadas xefaturas de persoal sanitario diplomado ou técnico do Servizo Galego de Saúde establécense na Orde do 26 de novembro de 2012 (DOG nº 234, do 10 de decembro) segundo o establecido na sección segunda do capítulo VI do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde (DOG nº 145, do 29 de xullo).

O posto de supervisor/a de unidade de Atención ao Usuario do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra foi convocado mediante a Resolución da Xerencia do 18 de outubro de 2010 (DOG nº 212, do 4 de novembro) ao abeiro do sistema de avaliación colexiada establecido polo Decreto 206/2005, e foi nomeada Manuela Freire Rodríguez por un período inicial de catro anos de duración (DOG nº 84, do 2 de maio de 2011).

Mediante a Resolución do 24 de abril de 2018, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, notificada o 7 de maio de 2018, convocouse o procedemento de reavaliación do posto de supervisor/a de unidade de Atención ao Usuario do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra.

Unha vez transcorrido o prazo establecido na convocatoria, non consta a presentación da documentación requirida á profesional obxecto de avaliación, o que implica, segundo o disposto na base quinta, a renuncia á continuidade no desempeño do posto.

O 13 de xuño de 2018 notificóuselle o trámite de audiencia, polo que se lle concede un prazo de dez (10) días para realizar ás alegacións oportunas. Non consta nesta xerencia que presentase a interesada ningún escrito de alegación, polo que se ten por realizado o trámite.

Polo que antecede, procédese a remoción de Manuela Freire Rodríguez do posto de supervisora.

En virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde (DOG nº 47, do 7 de marzo) e a Orde do 28 de setembro de 2011 pola que se desenvolve a estrutura organizativa de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés e se delegan competencias nos seus órganos directivos (DOG nº 188, do 30 de setembro), modificada pola Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo) esta xerencia

RESOLVE:

A remoción do nomeamento de Manuela Freire Rodríguez *****077J como supervisora de unidade de Atención ao Usuario do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, e declarar deserta a convocatoria, de conformidade e cos efectos previstos na Orde do 26 de novembro de 2012.

(*) Ocúltase parcialmente o número do DNI para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, segundo o establecido nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Pontevedra, 1 de marzo de 2019

José Ramón Gómez Fernández
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés