Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Martes, 26 de marzo de 2019 Páx. 16021

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ORDE do 14 de febreiro de 2019 pola que se autoriza a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, das concesións administrativas e das bateas Astillero V, C.P.P. III, Jocuse I e Jocuse III.

Vistos os expedientes instruídos para os efectos de transmisión das bateas Astillero V, C.P.P. III, Jocuse I e Jocuse III e das concesións administrativas que as amparan, resulta:

a) Antecedentes de feito:

Primeiro. Mediante escrito do 5 de febreiro de 2019, José Palmas Ferradás e Carmen Rúa Piñeiro solicitaron autorización para a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, das concesións administrativas e das bateas Astillero V, C.P.P. III, Jocuse I e Jocuse III.

Segundo. As persoas interesadas achegaron a documentación requirida para a tramitación.

Terceiro. Os informes do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características das bateas son favorables.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente, de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG núm. 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG núm. 243, do 15 de decembro); e coa Orde do 8 de setembro de 2017, de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

Segunda. A Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, nos seus artigos 209 e seguintes regula os pactos sucesorios como negocios mortis causa, e con forma de pactos de apartación ou de mellora.

Terceira. Os expedientes seguiron todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, pola que se aproba o Regulamento dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999, pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa mediante pacto de mellora, a favor de Adrián Boubeta Palmas (****6318), das concesións administrativas e das bateas que se indican a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Astillero V.

Situación:

Cuadrícula nº: 37.

Polígono: H.

Distrito: Cangas (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 31.3.1976.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actuais titulares: Fernando Boubeta Martínez (****9033), José Palmas Ferradás (****5483), Carmen Rúa Piñeiro (****6858) e Rosa Aurora Palmas Rúa (****3225), que forman a comunidade de bens Marbopal, C.B. (E36190502).

Novos titulares: Fernando Boubeta Martínez (****9033), José Palmas Ferradás (****5483), Carmen Rúa Piñeiro (****6858), Rosa Aurora Palmas Rúa (****3225) e Adrián Boubeta Palmas (****6318), que forman a comunidade de bens Marbopal, C.B. (E36190502).

Nome: C.P.P. III.

Situación:

Cuadrícula nº: 39.

Polígono: A

Distrito: Vigo (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 18.3.1964.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actuais titulares: Fernando Boubeta Martínez (****9033), José Palmas Ferradás (****5483), Carmen Rúa Piñeiro (****6858) e Rosa Aurora Palmas Rúa (****3225), que forman a comunidade de bens Marbopal, C.B. (E36190502).

Novos titulares: Fernando Boubeta Martínez (****9033), José Palmas Ferradás (****5483), Carmen Rúa Piñeiro (****6858), Rosa Aurora Palmas Rúa (****3225) e Adrián Boubeta Palmas (****6318), que forman a comunidade de bens Marbopal, C.B. (E36190502).

Nome: Jocuse I.

Situación:

Cuadrícula nº: 6.

Polígono: E.

Distrito: Cangas (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 11.3.1960.

Nome: Jocuse III.

Situación:

Cuadrícula nº: 25.

Polígono: D.

Os novos titulares das concesións subróganse nos dereitos e obrigas dos anteriores, desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 14 de febreiro de 2019

A conselleira do Mar
P.D. (Orde 8.9.2017)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo