Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Luns, 25 de marzo de 2019 Páx. 15903

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Melide

ANUNCIO da aprobación definitiva da modificación puntual do polígono 2 do SAU 11.

Mediante acordo plenario do 6 de febreiro de 2019 aprobouse definitivamente a modificación puntual do polígono 2 do SAU 11, Melide (A Coruña). O que se fai público para os efectos previstos nos artigos 82 a 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e nos artigos 199 a 208 do seu regulamento.

«3. Aprobación, se procede, do ditame sobre a aprobación definitiva da modificación puntual do polígono 2 do SAU 11.

Asunto: ditame sobre a aprobación definitiva da modificación puntual do polígono 2 do SAU 11.

(…)

Primeiro. Desestimar as alegacións presentadas ao documento de aprobación inicial “modificación puntual do polígono 2 do SAU 11 Melide (A Coruña)” documento modificación puntual do polígono 2 do SAU 11 Melide (A Coruña). Aprobación inicial.

Promotor: Juan Carlos Casal Vázquez, Eladio Casal Vázquez; situación: sector 2, SAU 11, 15800 Melide (A Coruña); doutor arquitecto: Santiago Muñiz Gómez. A Coruña, maio de 2018. Aprobado inicialmente pola Xunta de Goberno Local na sesión do 25.5.2018.

Segundo. Aprobar definitivamente o documento aprobado inicialmente na sesión da Xunta de Goberno Local do 25.5.2018 denominado modificación puntual do polígono 2, SAU 11 Melide (A Coruña) debidamente dilixenciado pola secretaria municipal ao cal se incorpora como parte integrante del o documento presentado con data do 15 de xaneiro de 2019 e nº rexistro de entrada 122 Juan Carlos Casal Vázquez que achega o informe do doutor arquitecto Santiago Muñiz Gómez redactor do documento de modificación puntual, documentación que se presenta mediante CD e formato papel sendo esta documentación en formato papel unha copia do documento dixital, polo que á solicitude do Concello con data do 23.1.2018 e rexistro de entrada 196, preséntase de novo a mesma documentación debidamente asinada en formato papel, que se dilixencia para a súa elevación á CI e ao Pleno pola secretaria municipal.

Terceiro. Publicar a aprobación definitiva no prazo dun mes desde a súa adopción, no Diario Oficial de Galicia. Xunto coa publicación deste acordo publicarase a indicación das medidas adoptadas para o seguimento dos efectos no ambiente da aplicación do plan e a referencia ao enderezo electrónico en que figurará o contido íntegro do plan á disposición do público. Así mesmo, estará á disposición na sede electrónica do concello. En todo caso, a eficacia do acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor do plan aprobado quedan condicionadas ao cumprimento desta publicación, á inscrición do instrumento no Rexistro de Plan Urbanístico de Galicia achegando un exemplar en soporte dixital debidamente dilixenciado, de conformidade co disposto no artigo 88 da presente lei e ao que dispoña, para ese efecto, a lexislación vixente en materia de réxime local. O documento que conteña a normativa e as ordenanzas publicarase no Boletín Oficial da provincia da Coruña. O Plan será inmediatamente executivo tras a súa entrada en vigor que o será nos termos que sinala o artigo 199.4 do TRLSG. Os instrumentos de plan urbanístico terán vixencia indefinida.

Cuarto. Notificar individualmente a aprobación definitiva do plan parcial a todas as persoas titulares catastrais dos terreos afectados ás cales xa se lles notificou a súa aprobación inicial, de conformidade co artigo 186.4 do Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro.

Quinto. Facultar a alcaldía para a realización de cantos trámites sexan necesarios en dereito».

Contra o presente acordo por aplicación do artigo 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que se aproba unha disposición de carácter xeral, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo iso sen prexuízo de que poida interpoñer calquera outro recurso que puidese estimar máis conveniente ao seu dereito.

Así mesmo, indícase que o enderezo en que figura o contido íntegro da “modificación puntual do polígono 2 do SAU 11, Melide (A Coruña)”, á disposición do público é no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Melide: sede.concellodemelide.gal.

En canto ás medidas adoptadas para o seguimento dos efectos no ambiente consta no expediente formando parte do documento de aprobación definitiva da modificación puntual do polígono 2 do SAU 11, Melide (A Coruña):

– Resolución do 18 de outubro de 2017, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, pola que se formula o informe ambiental estratéxico relativo á modificación puntual do plan parcial no polígono 2 SAU 11 no Concello de Melide.

– Informes da Delegación do Goberno en Galicia e Informe de Augas de Galicia.

Melide, 4 de marzo de 2019

Dalia García Couso
Alcaldesa