Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Venres, 22 de marzo de 2019 Páx. 15622

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda)

EDICTO (PO 4043/2019).

No presente órgano xudicial interpuxo recurso contencioso-administrativo número 4043/2019 o procurador José Martín Guimaraens Martínez, en nome e representación de Víctor Manuel Saenz López, fronte á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, contra a Orde da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio pola que se outorga a aprobación definitiva parcial ao Plan xeral de ordenación municipal de Foz.

Polo que, en cumprimento da dilixencia de ordenación de 19.2.2019 e do establecido no artigo 47.2 da LXCA, concédese un prazo de quince días para a comparecencia de quen teña interese lexítimo en soster a conformidade co dereito da disposición, acto ou conduta impugnados.

A Coruña, 19 de febreiro de 2019

José Miguel Formoso Sobrado
Letrado da Administración de xustiza