Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Venres, 22 de marzo de 2019 Páx. 15623

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda)

EDICTO (PO 4046/2019).

Neste órgano xudicial o procurador Iago Martínez Núñez, en nome e representación de Iago Villamil Cajoto, interpuxo o recurso contencioso-administrativo PO 4046/2019 contra a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, sobre impugnación da Orde do 18 de setembro de 2018 de aprobación definitiva parcial do Plan xeral de ordenación municipal de Foz.

Polo que, en cumprimento da dilixencia de ordenación do 20 de febreiro de 2019 e do establecido no artigo 47.2 da Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (LXCA), se concede un prazo de quince días para a comparecencia daqueles que teñan interese lexítimo en soster a conformidade a dereito da disposición, acto ou conduta impugnados.

A Coruña, 20 de febreiro de 2019

José Miguel Formoso Sobrado
Letrado da Administración de xustiza