Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Mércores, 20 de marzo de 2019 Páx. 15323

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Federación Galega de Espeleoloxía

ANUNCIO de modificación dos estatutos.

A Asemblea Xeral da Federación Galega de Espeleoloxía, celebrada o 15 de decembro de 2018, aprobou por unanimidade a modificación dos artigos 38.2 e 51 dos seus estatutos, conforme a Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia, e, en Resolución do 19 de febreiro de 2019, a Secretaría Xeral para o Deporte resolveu a anotación no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia desta modificación de estatutos.

Estes artigos quedan redactados como segue:

Artigo 38.2. Os seus membros serán designados e revogados libremente polo presidente da federación, que a presidirá, será necesario que todos os seus membros teñan a condición política de galegos, segundo o disposto no artigo 3 da Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía de Galicia. Formarana un número de membros non inferior a cinco nin superior a quince, formando parte dela: os vicepresidentes, o secretario, o tesoureiro, o director da Escola Galega de Espeleoloxía (EGE) e cantos vogais sexan necesarios.

Artigo 51. A EGE poderá ter personalidade xurídica propia. A súa organización e funcionamento regularase mediante normas estatutarias e regulamentarias específicas, que en todo caso deberán axustarse aos estatutos da FGE no que se refira a actividades organizadas ou tuteladas por ela ou que ela delegue.

Vigo, 19 de febreiro de 2019

Francisco Manuel Martínez García
Presidente da Federación Galega de Espeleoloxía