Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Mércores, 20 de marzo de 2019 Páx. 15322

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Lugo

ANUNCIO da convocatoria e das bases para a provisión do posto de traballo de letrado asesor especialista en consultivo-contratación, reservado a persoal funcionario, para prover polo sistema de concurso específico de méritos.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 59, do 12 de marzo de 2019, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para prover, mediante concurso específico de méritos, o seguinte posto de traballo:

Denominación: letrado/a asesor/a especialista en consultivo - contratación.

Número de vacantes: 1.

Adscrición: Asesoría Xurídica da Deputación Provincial de Lugo.

Clasificación: técnico/a superior, grupo A - subgrupo A1, na área ou especialidade xurídica, con titulación de acceso á praza de licenciado/a en Dereito ou equivalente.

Presentación de solicitudes: presentaranse no modelo oficial publicado no Boletín Oficial da provincia de Lugo número 59, do 12 de marzo de 2019 e na páxina web www.deputacionlugo.org, epígrafe emprego público, RRHH (formato word).

Lugar de presentación: Rexistro Xeral desta entidade ou a través das formas establecidas no artigo 16 da vixente Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Prazo de presentación: quince días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Faise constar expresamente que os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Lugo, no taboleiro de edictos desta corporación e na súa páxina web.

Lugo, 12 de marzo de 2019

O presidente da Deputación Provincial de Lugo
P.D. (Decreto 402/2017, do 24 de febreiro)
Pablo Rivera Capón
Deputado provincial de Lugo