Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Luns, 18 de marzo de 2019 Páx. 14507

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Verín

EDICTO (2/2019).

Que en virtude do acordado nos autos de referencia, de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da Lei 1/2000, de axuizamento civil, por este edicto requírese a Óscar Fernández García no prazo de dez (10) días seguintes ao desta resolución co fin de que proceda ao pagamento da multa de 45 días a razón de 6 € diarios (270 €) a que foi condenado baixo apercibimento de que, de non verificalo, se procederá á súa exacción pola vía de constrinximento ou, de ser o caso, se transformará en responsabilidade persoal subsidiaria con privación de liberdade dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas diarias non satisfeitas.

Verín, 25 de febreiro de 2019

O letrado da Administración de xustiza