Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Luns, 18 de marzo de 2019 Páx. 14508

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 1096/2016).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1096/2016 deste xulgado do social, seguido contra a empresa Cocinas Novara, S.L., e coa intervención da entidade Fogasa, sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución, cuxo encabezamento e parte dispositiva se achegan:

«Sentenza.

A Coruña, 22 de febreiro de 2019

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, vendo os presentes autos seguidos neste xulgado co número PO 1096/2016 sendo parte nel, dun lado como demandante Lorenzo Duro Barbeito asistido polo letrado Ricardo López Mosteiro, e como demandada Cocinas Novara, S.L., que non comparece a pesar de estar citado en legal forma e coa intervención do Fogasa que non comparece a pesar de estar citado en legal forma, sobre reclamación de cantidade, pronunciou en nome do rey, a seguinte sentenza:

Decido:

Que estimando a demanda interposta polo demandante Lorenzo Duro Barbeito, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Cocinas Novara, S.L. a que aboe ao demandante a cantidade de 19.254,82 euros polos conceptos reclamados en demanda, máis o 10 % de xuros por mora.

Notifíquese esta resolución ás partes ás que se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Deberá anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta, deberá ao anunciar o recurso entregar resgardo acreditativo de consignar a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

E, igualmente, deberá no momento de interpoñer o recurso consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para impugnar.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma ás mercantil Cocinas Novara, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 22 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza