De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas interesadas que a continuación se relacionan as resolucións ditadas pola xefa territorial nos expedientes administrativos instruídos conforme o disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil e demais normativa de aplicación, despois dos intentos de notificación realizados sen que fose posible efectuar as ditas notificacións por causas non imputables á Administración ou por descoñecer o domicilio dos interesados.
Os expedientes están á disposición das persoas interesadas, ou dos seus representantes debidamente acreditados, no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social, na rolda da Muralla, 70, planta baixa, onde, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderán comparecer para coñeceren o contido íntegro das resolucións, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, advertíndolles que, de non o faceren, se terán por notificadas.
As persoas interesadas, ou os seus representantes debidamente acreditados, poderán interpoñer recurso contra as resolucións ditadas nos expedientes ante o xulgado de primeira instancia de Lugo que por quenda corresponda, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da data da súa notificación, de conformidade co artigo 780.1 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.
Lugo, 19 de febreiro de 2019
María Cristina Abades Martínez
Xefa territorial de Lugo
ANEXO
Interesado/a |
Núm. expte. |
Efectos xurídicos |
Data da resolución |
DNI: 33335977F |
2014/167/27 |
Improcedencia de medida administrativa |
12.11.2018 |
DNI: 46570511Z |
2017/97/27 |
Improcedencia de medida administrativa |
5.11.2018 |
NIE: Y3305763X |
2016/50/27 |
Cesamento de medida administrativa e arquivamento |
15.10.2018 |
José Manuel Afonso Vasconcellos |
2016/15/27 |
Cambio de medida administrativa |
7.1.2019; corrección de erros 8.1.2019 |
María Magdalena Mihalache |
2017/95/27 |
Improcedencia de medida administrativa |
13.11.2018 |
Brahim Ben Ali |
2018/10/27 |
Cambio de medida administrativa |
Corrección de erros 21.12.2018 |