Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Luns, 18 de marzo de 2019 Páx. 14551

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 5 de febreiro de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións ditadas nos procedementos tramitados por esta entidade (expediente 2016/102/27 e doce máis).

De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas interesadas que a continuación se relacionan as resolucións ditadas pola xefa territorial nos expedientes administrativos instruídos conforme o disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil e demais normativa de aplicación, despois dos intentos de notificación realizados sen que fose posible efectuar as ditas notificacións por causas non imputables á Administración ou por descoñecer o domicilio dos interesados.

Os expedientes están á disposición das persoas interesadas, ou dos seus representantes debidamente acreditados, no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social, na rolda da Muralla, 70, planta baixa, onde, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderán comparecer para coñeceren o contido íntegro das resolucións, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, advertíndolles que, de non o faceren, se terán por notificadas.

As persoas interesadas, ou os seus representantes debidamente acreditados, poderán interpoñer recurso contra as resolucións ditadas nos expedientes, ante o xulgado de primeira instancia de Lugo que por quenda corresponda, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da data da súa notificación, de conformidade co artigo 780.1 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Lugo, 5 de febreiro de 2019

María Cristina Abades Martínez
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Interesado/a

Núm. expte.

Efectos xurídicos

Data da resolución

DNI: 33554757B

2016/102/27

Asunción de medida administrativa e concesión de recurso

9.1.2019

DNI: 33332214Q

2015/77/27

Mantemento de medida administrativa e prórroga de recurso

21.12.2018

DNI: 33332214Q

2015/78/27

Mantemento de medida administrativa e prórroga de recurso

21.12.2018

DNI: 33332214Q

2015/82/27

Mantemento de medida administrativa e prórroga de recurso

21.12.2018

DNI: 33332214Q

2015/83/27

Mantemento de medida administrativa e prórroga de recurso

21.12.2018

DNI: 34270298E

2011/191/27

Cambio de medida administrativa

28.12.2018

DNI: 34270298E

2011/192/27

Cambio de medida administrativa

28.12.2018

DNI: 34270298E

2011/193/27

Cambio de medida administrativa

28.12.2018

NIE: X7140610F

2011/166/27

Cesamento de medida administrativa e arquivamento

16.1.2019

NIE: X7140610F

2011/167/27

Cesamento de medida administrativa e arquivamento

16.1.2019

Jesús Manuel Merino Sánchez

2011/67/15

Improcedencia de medida administrativa

24.1.2019

Rachid Belbaroudi Chafia Bentouda

2018/189/27

Asunción de medida administrativa e concesión de recurso

18.12.2018; 22.1.2019

Hasan Lika
Bedrije Lika

2018/184/27

Asunción de medida administrativa

30.11.2018