Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Luns, 18 de marzo de 2019 Páx. 14555

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 19 de febreiro de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución ditada nun procedemento tramitado por esta entidade (expediente 2010/27/1).

De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada que a seguir se relaciona a resolución ditada pola xefa territorial no expediente administrativo instruído conforme o disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil e demais normativa de aplicación, despois dos intentos de notificación realizados sen que fose posible efectuar a dita notificación por causas non imputables á Administración ou por descoñecer o domicilio da interesada.

O expediente está á disposición da persoa interesada, ou dos seus representantes debidamente acreditados, no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social, na rolda da Muralla, 70, planta baixa, onde, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderá comparecer para coñecer o contido íntegro da resolución, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, advertíndolle que, de non o facer, se terá por notificada.

A persoa interesada, ou os seus representantes debidamente acreditados, poderán interpor recurso de alzada contra a resolución ditada no expediente, que non pon fin á vía administrativa, ante a persoa titular da Consellería Política Social, no prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da data da súa notificación, de conformidade co establecido nos artigos 112, 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lugo, 19 de febreiro de 2019

María Cristina Abades Martínez
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: 2010/27/1.

DNI: 76618438X.

Acto administrativo que se notifica: Resolución administrativa do 11 de setembro de 2018.

Efectos xurídicos: desistencia da solicitude e acordo de arquivamento.