Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Xoves, 14 de marzo de 2019 Páx. 14061

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de información pública do estudo de detalle da parcela J4a02 do parque empresarial da Sionlla.

A Xunta de Goberno da cidade de Santiago de Compostela, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 22 de febreiro de 2019, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

a) Aprobar inicialmente o estudo de detalle da parcela J4a02 do parque empresarial da Sionlla, segundo o proxecto presentado o 30.1.2019 por Leirón Xestión, S.L., asinado polo equipo técnico Entyl Ingenieros, S.L.

A parcela está situada na confluencia das rúas de Castela e León, País Vasco e Rioxa, e figura no Catastro coa referencia 0905211NH4500F0000PG.

b) En aplicación do procedemento regulado polos artigos 80.2 da LSG e 194 do seu regulamento, o estudo de detalle inicialmente aprobado someterase a información pública durante o prazo dun mes, mediante anuncios que para o efecto se publicarán no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación na provincia. Simultaneamente, practicarase notificación individual aos titulares catastrais das parcelas afectadas.

Durante o trámite de información pública solicitarase o informe do director xeral do Patrimonio Cultural, en cumprimento do exixido polo artigo 34.2 da Lei 5/2016, do patrimonio cultural de Galicia.

O que se publica co fin de que, durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, os interesados poidan consultar o expediente e formular as alegacións que xulguen oportunas. A documentación sometida a exposición pública estará ao dispor dos interesados no Servizo de Planeamento e Xestión do Concello de Santiago de Compostela (Pazo de Raxoi, 2º andar), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, e na páxina web do Concello http://transparencia.santiagodecompostela.gal/Estudo-de-detalle-da-parcela-J4A02-do-parque-empresarial-da-Sionlla-Ref.-Catastral-0905211NH4500F0000PG/gl.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2019

O alcalde
P.D. (Decreto do 28.6.2017)
Jorge Duarte Vázquez
Concelleiro delegado de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda,
Mobilidade e Relacións Veciñais