Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Xoves, 14 de marzo de 2019 Páx. 14060

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Pobra do Caramiñal

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial do Plan especial de reforma interior da área de repartición do polígono 2.

Aprobado inicialmente o Plan especial de reforma interior da área de repartición do polígono 2 deste municipio, mediante a Resolución da Alcaldía, do 20 de febreiro de 2019, de conformidade co artigo 75.1.a) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese o expediente a información pública polo prazo de dous (2) meses desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito prazo, poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes ou obter copias.

A Pobra do Caramiñal, 21 de febreiro de 2019

José Luis Piñeiro García
Alcalde