Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Xoves, 14 de marzo de 2019 Páx. 14062

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilalba

ANUNCIO de información pública sobre a delimitación de solo de núcleo rural de Penadrade.

Nesta secretaría municipal (Negociado de Urbanismo e Obras) tramítase expediente relativo á delimitación de solo de núcleo rural conforme o artigo 78.1, alínea a), da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia. «O concello someterá o expediente de delimitación a información pública polo prazo mínimo de dous meses, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de maior difusión da provincia. Así mesmo, notificarase individualmente a todas as persoas titulares catastrales dos terreos afectados».

Solicitante: Concello de Vilalba.

Situación: Penadrade, parroquia da Torre (Vilalba).

De conformidade co disposto no artigo 78 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, sométese o expediente de referencia a exposición pública polo prazo de dous meses no Departamento de Urbanismo deste concello, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Vilalba, 21 de febreiro de 2019

Agustín Baamonde Díaz
Alcalde