Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Mércores, 13 de marzo de 2019 Páx. 13868

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (PO 890/2017).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 890/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de María del Carmen Buldain Loduca contra Fogasa, administración concursal Menta Panadería, S.L. (Tomás Dapena Carabel), Menta Panadería Pastelería, S.L., sobre salarios, ditouse a seguinte resolución:

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: reclamación de cantidade 890/2017.

Demandante: María del Carmen Buldain Loduca

Letrado: Sr. Pérez López

Demandado: Menta Panadería Pastelería, S.L. en liquidación

Letrado:

Administración concursal Menta Panadería Pastelería, S.L.: Sr. Dapena Carabel

Fogasa.

Letrado:

Sentenza 90/2019.

A Coruña, 12 de febreiro de 2019.

Resolución:

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por María del Carmen Buldain Loduca contra a empresa Menta Panadería Pastelería, S.L. e, en consecuencia, condeno a empresa a aboar á primeira a suma de 3.295,47 euros brutos polos conceptos indicados.

O Fogasa e a Administración concursal da empresa demandada deberanse ater ao resolto na presente resolución.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase de que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se arquivará.

Así o pronuncio, mando e asino.

Asinado. Javier López Cotelo.

Publicada o día 20.2.2019.

Asinado. Marta Yanguas del Valle.

E para que conste e sirva de notificación en legal forma a Menta Panadería Pastelería, S.L., en ignorado paradoiro, expídese este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza