Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Mércores, 13 de marzo de 2019 Páx. 13870

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (PO 697/2016).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 697/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de César Blanco Crespo contra a empresa Control Galicia, S.L., administración concursal de Control Galicia, S.L., en que foi parte o Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: reclamación de cantidade 697/2016.

Demandante: César Blanco Crespo.

Letrado: Sr. Pérez López.

Demandado: Control Galicia, S.L.

Letrado:

– Administración concursal de Control Galicia, S.L.

Letrada: Sra. Pato Diéguez

Sentenza 83/2019

A Coruña, 19 de febreiro de 2019.

Resolución:

Estimo a demanda sobre reclamación de cantidade formulada por César Blanco Crespo contra a empresa Control Galicia, S.A. e, en consecuencia, condénoa a aboarlle ao primeiro a suma de 1.028,62 euros polos conceptos indicados.

O Fogasa deberase ater ao establecido na presente resolución.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase de que contra ela non cabe ningún recurso.

Así o pronuncio, mando e asino.

E para que sirva de notificación en legal forma a Control Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza