Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Martes, 12 de marzo de 2019 Páx. 13693

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 21 de febreiro de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de enerxías renovables, de uso térmico, dirixidas a particulares, para o ano 2019.

Advertidos erros na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 45, do 5 de marzo de 2019, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 12588, artigo 11, número 5, onde di: «A entidade colaboradora presentará telematicamente desde a aplicación a solicitude de axuda unha vez asinada polo beneficiario, mediante o formulario normalizado accesible desde a citada aplicación informática e que se xunta como anexo II», debe dicir: «A entidade colaboradora presentará telematicamente desde a aplicación a solicitude de axuda unha vez asinada polo beneficiario ou representante, mediante o formulario normalizado accesible desde a citada aplicación informática e que se xunta como anexo II».