Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Martes, 12 de marzo de 2019 Páx. 13692

III. Outras disposicións

Fondo Galego de Garantía Agraria

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2019 pola que se dá publicidade dun encargo ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec), para executar durante o ano 2019.

De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade ao seguinte encargo a medios propios coas seguintes características:

– Resolución do 27 de decembro de 2018, do director do Fogga, pola que se lle encarga ao medio propio Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec), a prestación do servizo de apoio técnico para a colaboración instrumental co Fogga na xestión de axudas do programa de actuacións para a aplicación da PAC en Galicia no exercicio 2019.

– Actividade: realización de labores de apoio en servizos auxiliares, relativos á xestión de expedientes ou de auditoría na xestión interna, así como o reforzo e apoio instrumental á xestión no ámbito dos servizos territoriais do Fogga e das oficinas agrarias comarcais.

– Natureza e alcance do encargo: encargo a medio propio, ao ter a Empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia e o punto 2 da disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro do ano 2019.

– Financiación: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019, aplicación orzamentaria 14.80.713F.640.1 e código de proxecto 2013 0002.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2019

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director do Fondo Galego de Garantía Agraria