Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Martes, 12 de marzo de 2019 Páx. 13694

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 21 de febreiro de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de enerxía solar fotovoltaica dirixidas a particulares, para o ano 2019.

Advertidos erros na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 45, do 5 de marzo de 2019, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 12539, artigo 4, onde di: «A contía máxima por proxecto será de 50.000 €. Adicionalmente, na procura de instalacións de potencia racionais, establécese un custo elixible máximo por vivenda de 8.000 €», debe dicir: «A contía máxima por proxecto será de 50.000 €. Adicionalmente, na procura de instalacións de potencia racionais, establécese un custo elixible máximo (con IVE) por vivenda de 8.000 €».

Na páxina 12543, artigo 11, número 5, onde di: «A entidade colaboradora presentará telematicamente desde a aplicación a solicitude de axuda unha vez asinada polo beneficiario, mediante o formulario normalizado accesible desde a citada aplicación informática e que se xunta como anexo II», debe dicir: «A entidade colaboradora presentará telematicamente desde a aplicación a solicitude de axuda unha vez asinada polo beneficiario ou representante, mediante o formulario normalizado accesible desde a citada aplicación informática e que se xunta como anexo II».