Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Martes, 12 de marzo de 2019 Páx. 13695

III. Outras disposicións

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 2019 pola que se publica o plan de estudos de máster universitario en Produción Xornalística e Audiovisual.

O máster universitario en Produción Xornalística e Audiovisual obtivo a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, e a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia para a súa implantación. Por Acordo do Consello de Ministros do 3 de agosto de 2018 estableceuse o carácter oficial do título e a súa inscrición no Rexistro de Universidades, Centros e Títulos (RUCT) (publicado no Boletín Oficial del Estado, BOE, do 7 de setembro, mediante a Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 29 de agosto).

Polo exposto, de conformidade co disposto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007,

RESOLVO:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Produción Xornalística e Audiovisual pola Universidade da Coruña, que se estrutura segundo consta no anexo.

A Coruña, 19 de febreiro de 2019

Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña

ANEXO

Plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Produción Xornalística e Audiovisual pola Universidade da Coruña

Código RUCT: 4316440.

Plan de estudos que se inicia no curso 2018/19.

Estrutura das ensinanzas (Real decreto 1393/2007, anexo I, número 5.1).

1. Rama de coñecemento a que se adscribe o título: Ciencias Sociais e Xurídicas.

2. Distribución do plan de estudos en créditos ECTS, por tipo de materia:

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias (OB)…….............................….……………...………

Optativas (OP)…..……….……...........................…………………

Prácticas externas (PE)…………………............................……...

Traballo fin de máster (TFM)...……….............................……..…

Total………………………………...........................……………….

12

36

12

12

72

3. Especialidades do título:

– Xornalismo Avanzado Multiplataforma.

– Produción Executiva Audiovisual.

4. Contido do plan de estudos:

Módulo

Disciplina

Carácter

Créditos ECTS

Organización temporal

Módulo 1. Introdución á Industria Multimedia Xornalística e Audiovisual

Xestión de Contidos Xornalísticos e Audiovisuais

OB

4,5

Cuadrimestral

Formatos Informativos Audiovisuais

OB

4,5

Cuadrimestral

Escritura na Fase de Desenvolvemento. Novas Narrativas Lineais e non Lineais

OB

3

Cuadrimestral

Módulo 2. Traballo fin de máster

Traballo fin de máster

TFM

12

Anual

Módulo 3. Prácticas

Prácticas externas

PE

12

Cuadrimestral

Especialidade en Xornalismo Avanzado Multiplataforma

Módulo 4.A. Contexto do Sector da Información

Contexto Profesional e Legal da Industria Xornalística

OP

6

Anual

Modelos de Xestión: Organización de Redaccións, Márketing e Análise de Audiencias

OP

3

Cuadrimestral

Contexto Tecnolóxico Profesional e do Usuario

OP

3

Cuadrimestral

Módulo 5.A. Investigación Xornalística

Fontes de Información Xornalística

OP

6

Cuadrimestral

Técnicas de Investigación Xornalística

OP

3

Cuadrimestral

Recursos Tecnolóxicos Específicos da Investigación Xornalística

OP

3

Cuadrimestral

Módulo 6.A. Edición de Contidos Informativos

Tendencias, Xéneros, Formatos Xornalísticos e Reporteirismo Avanzado

OP

6

Cuadrimestral

Edición de Contidos en Función da Plataforma

OP

6

Anual

Especialidade en Produción Executiva Audiovisual

Módulo 4.B. Contorno, Técnicas e Linguaxe Audiovisual

Estrutura do Sector Audiovisual

OP

3

Cuadrimestral

Lexislación Audiovisual

OP

3

Cuadrimestral

Medios Técnicos

OP

3

Cuadrimestral

Análise de Guión

OP

3

Cuadrimestral

Módulo 5.B. Xestión, Financiación e Distribución de Contidos Audiovisuais

Xestión Empresarial: Orzamentos, Contratos e Persoal

OP

3

Cuadrimestral

Financiación de Contidos e Proxectos Audiovisuais

OP

4,5

Cuadrimestral

Distribución, Tendencias e Box Office

OP

4,5

Cuadrimestral

Módulo 6.B. Produción e Márketing Audiovisual

Produción en Cine e Televisión. Produción de Campo

OP

3

Cuadrimestral

Dirección de Produción Audiovisual

OP

3

Cuadrimestral

Previsión de Necesidades do Mercado: Análise de Repositorios e Programacións

OP

3

Cuadrimestral

Márketing Audiovisual: Mercados e Prevendas

OP

3

Cuadrimestral

5. Condicións de terminación.

O alumnado deberá elixir unha especialidade e superar 72 créditos ECTS, distribuídos como se indica no punto 2, para obter o título de máster universitario en Produción Xornalística e Audiovisual.