Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Martes, 12 de marzo de 2019 Páx. 13757

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 26 de febreiro de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social RL 2005/0364-4.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, pola presente cédula notifícaselle á empresa que se relaciona a resolución ditada no expediente sancionador correspondente.

Dispón dun prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinar a resolución (que pon fin á vía administrativa) nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Emprego e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar, en Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Fáiselle saber á interesada que pode formular recurso de alzada, perante a Secretaría Xeral de Emprego, no prazo dun mes, contado desde o seguinte día da súa publicación, de acordo co previsto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Vigo, 26 de febreiro de 2019

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: RL 2005/0364-4.

Acta: 649/2005.

Empresa: Pima Building, S.L.

DNI/NIF: B36287407.

Enderezo: avenida Buenos Aires, 18, O Porriño.

Materia: seguridade e saúde.

Preceptos infrinxidos: artigo 9.a) e c) do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro, sobre disposicións mínimas de seguridade e saúde nas obras de construción.

Preceptos sancionadores: artigos 5.2, 12.24.d), 39.3.a) e c) e 40 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 18.2.2019.

Resolución: deixar sen efecto a acta de infracción núm. 649/2005 e proceder ao arquivamento do expediente.