Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Martes, 12 de marzo de 2019 Páx. 13759

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 25 de febreiro de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2019001AL-LU, por infracción en materia sanitaria.

Con data do 1 de febreiro de 2019, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Lugo ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2019001AL-LU, incoado á persoa que se sinala no anexo.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 44 da dita lei, notifícaselle á persoa interesada o contido do referido acordo que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto nos artigos 64.2.f) e 76 da Lei 39/2015, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, e lembráselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita na rúa Montevideo, 9, de Lugo, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Advírtese que de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio alcanzará o carácter de proposta de resolución, consonte o establecido no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015.

Así mesmo, comunícaselle que antes da resolución do procedemento ten dereito a que se apliquen as reducións no importe da sanción establecidas no artigo 85 da citada Lei 39/2015.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da xa citada Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Lugo, 25 de febreiro de 2019

A xefa territorial de Lugo
P.S. (Decreto 33/2014 da Consellería de Sanidade do 18.3.2014)
Jacobo Varela Suanzes-Carpegna
Xefe do Servizo de Xestión de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: 2019001AL-LU.

CIF da persoa interesada: B27183581.

Último enderezo coñecido: Duancos, s/n, 27250 Castro de Rei.

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia de seguridade alimentaria.

Tipificación provisional: unha infracción grave.

Sanción proposta: cinco mil un euros (5.001,00 €).