Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Luns, 11 de marzo de 2019 Páx. 13565

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de auto e decreto (ETX 37/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 37/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Yalila Alexandra Soleto Blanco contra Spanish Elegance, S.L. e o Fogasa, foron ditadas as resolucións cuxa parte dispositiva di literalmente:

«Auto:

Maxistrada xuíza: Elena Calleja Curros.

Santiago de Compostela, dezanove de febreiro de dous mil dezanove.

Parte dispositiva:

Dispoño:

Despachar orde xeral de execución da Sentenza nº 283/18 do 26.6.2018, ditada no procedemento ordinario 561/16 a favor da parte executante, Yalila Alexandra Soleto Blanco, contra Spanish Elegance, S.L. e o Fogasa, parte executada, polo importe de 10.311,68 euros en concepto de principal (8.598,96 euros en concepto de salarios, horas extraordinarias e complemento de domingo traballado, 1.712,72 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior), máis outros 1.031,16 euros que se fixan provisoriamente en concepto de xuros que, se for o caso, se poidan producir durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderase interpor recurso de reposición ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A maxistrada xuíza          A letrada da Administración de xustiza».

«Decreto:

Letrada da Administración de Xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, dezanove de febreiro de dous mil dezanove.

Parte dispositiva:

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir a executada Spanish Elegance, S.L. a fin de que no prazo de dez días aboe a cantidade de 10.311,68 euros en concepto de principal (8.598,96 euros en concepto de salarios, horas extraordinarias e complemento de domingo traballado, 1.712,72 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior), máis outros 1.031,16 euros que se fixan provisoriamente en concepto de xuros que, se for o caso, se poidan producir durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, ingresando o devandito importe na conta deste xulgado, aberta no Banco Santander co número IBAN ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (nº expediente xudicial 1589 0000 64 0037 19), con apercibimento de que, en caso de non cumprir o requirimento no prazo conferido, se procederá ao embargo dos seus bens para cubrir a dita suma, logo de investigación deles a través da aplicación informática deste xulgado.

– Requirir a Spanish Elegance, S.L. a fin de que no prazo de dez días manifeste relación de bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, se for o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, se non presenta a relación dos seus bens, inclúe nela bens que non son seus, exclúe bens propios susceptibles de embargo ou non desvela as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderánselle impor tamén multas coercitivas periódicas.

Modo de impugnación. Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpor ante o presente órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles seguintes á notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS).

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Spanish Elegance, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza