Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Luns, 11 de marzo de 2019 Páx. 13563

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de auto (ETX 222/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 222/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia da Fundación Laboral de la Construcción contra José Ramón Pais Lago e o Fogasa, foi ditada a resolución cuxa parte dispositiva di literalmente:

«Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2019.

Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar o executado, José Ramón Pais Lago, en situación de insolvencia total polo importe de 121,51 euros en concepto de principal (achegas correspondentes ao exercicio de 2012, incluída xa a recarga do 20 % de demora sobre o principal a deber), máis outros 12,15 euros que se fixan provisoriamente en concepto de xuros que, se for o caso, se poidan producir durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisoria.

b) Arquivar as actuacións, logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se en diante se coñeceren novos bens do executado.

c) Unha vez firme a presente resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

d) Expedir os testemuños das resolucións procedentes, que se entregarán á parte executante na oficina xudicial deste xulgado.

Modo de impugnación. Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo dos tres días hábiles seguintes á notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS).

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva para os efectos publicitarios a declaración de insolvencia de José Ramón Pais Lago, procédase á súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza