Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Luns, 11 de marzo de 2019 Páx. 13581

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 22 de febreiro de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, polo que se notifican as resolucións dos recursos de alzada ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transporte terrestre devoltas polo servizo de Correos (expediente RA/DXM/CIV/2018/00165 e vinte e seis máis).

O secretario xeral técnico ditou as resolucións dos recursos presentados no expediente sancionador RA/DXM/CIV/2018/00165 e vinte e seis máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentadas as notificacións das resolucións por correo certificado con xustificante de recepción nos domicilios que constan nos correspondentes expedientes sancionadores, estas foron devoltas polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións efectúanse por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Segundo establece o artigo 46 da citada lei, os interesados dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para examinar a resolución na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, situada no Complexo Administrativo de San Caetano en Santiago de Compostela (A Coruña).

Contra a dita resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE de conformidade cos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

En caso de non ter aboado o importe da sanción, deberá pagar o seu importe dentro do prazo establecido no artigo 62 da Lei 58/2003, do 12 de decembro, xeral tributaria, empregando o modelo impreso que se facilitará nas oficinas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.

De non efectuarse o ingreso no dito prazo, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o disposto no artigo 101 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2019

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería
de Infraestruturas e Mobilidade

ANEXO

Expediente

Número recurso

Matrícula

Recorrente

Infracción cometida

Datos da denuncia: data; hora; estrada; p.q.

Precepto
infrinxido

Sanción imposta

Resolución
do recurso

PO-01545-O-2015

RA/DXM/CIV/2018/00165

0198GBN

Trabegóns, S.L.
Rpte.: Lorena María Jiménez Montes

Transporte de mercadorías desde Pontevedra ata Vilagarcía de Arousa sen levar inserida no tacógrafo a tarxeta de condutor ou a folla de rexistro dos tempos de condución e descanso, cando isto resulte exixible ou facelo de xeito incorrecto. Non leva impreso ningún tícket de inicio de actividade. Manifesta que lla roubaron o sábado día 31.1.2015.

Art. 140.22 LOTT

2.001,00 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta

LU-00846-O-2015

RA/DXM/CIV/2018/00141

OU-9004-M

Salvador Montoya Ramírez

Transporte de mercadorías desde Lugo ata A Coruña excedéndose a MMA total do vehículo inferior ou igual a 12 tm realizando transporte privado complementario de mercadorías. Masa en carga: 3.940 kg. MMA: 2.750 kg. Exceso: 1.190 kg 43,27 %. Achégase tícket de pesaxe número 350 de báscula fixa reseñada nel; recibe copia o condutor. Transporta chatarra.

Art. 55 LOTT

4.001,00 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta

XC-02310-O-2015

RA/DXM/CIV/2018/00200

0419-FWV

Translucel, S.L.

Rpte.: Celso González Sande

Transporte de mercadorías desde A Coruña ata Narón utilizando a tarxeta doutro condutor ou a folla de rexistro con nome ou apelido diferentes aos do condutor. Circula en baleiro.

Art. 140.22 LOTT

2.001,00 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta

LU-00743-O-2015

RA/DXM/CIV/2018/00167

0851-HMY

Juan José Ruzo Cruz

Transporte de mercadorías desde Coslada ata o polígono industrial O Ceao tendo lugar a cesión, expresa ou tácita, de títulos habilitantes por parte dos seus titulares a favor doutras persoas. Transporta paquetes sen grupaxe, cun único lugar de carga e descarga. Figura como transportista, realiza o porte o transportista e condutor Samuel Felpeto Novo.

Art. 49 LOTT

4.001,00 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta

XC-00831-O-2014

RA/M/2017/00435

C2428CF

3M España, S.L.

Transporte de mercadorías desde A Coruña ata Santiago de Compostela transportando mercadorías perigosas, indica na carta de porte o grupo de embalaxe e/ou algunha información relevante. Transporte de UN 1133 sen consignar na carta de porte a indicación «perigosa para o medio ambiente» conforme o capítulo 5.4.1.1.18 do ADR.

Art. 140.15.13 LOTT

4.001,00 €

Estimatoria, deixando sen efecto a sanción

XC-02309-O-2015

RA/DXM/CIV/2018/00204

0419FWV

Translucel, S.L.

Transporte de mercadorías desde A Coruña ata Narón levándose a cabo no intre do control en que se constata que se efectuou unha diminución do tempo de descanso diario reducido, entre as 19.06 horas o 29.3.2015 e as 13.15 horas do 30.3.2015. Descanso realizado 6.51 horas, comprendido entre as 13.15 horas do 30.3.2015 e as 19.06 horas do 30.3.2015. Isto supón unha diminución do descanso diario reducido en máis de 2 horas, realizando descanso igual ou superior a 6 horas e inferior a 7 horas. Condutor Juan Carlos Méndez Porteiro.

Art. 140.37.5 LOTT

1.001,00 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta

OU-00359-O-2015

RA/DXM/CIV/2018/00119

4580DTZ

Transcasillas, S.L.

Transporte de mercadorías desde Curtis ata Taboadela carecendo a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea a utilizar. Efectuada descarga do tacógrafo dixital do que dispón o vehículo, non xustifica 116 horas e 17 minutos que van desde as 9.19 horas do día 20 actual ás 5.36 horas do día 25 actual (hora UTC). Non presenta certificado de actividades tal e como establece o regulamento 561/2006, nin discos diagrama de tacógrafo analóxico. Transporta materiais de construción.

Art. 140.35 LOTT

401,00 €

Estimatoria parcial, rebaixando a sanción imposta

XC-01986-O-2015

RA/DXM/CIV/2018/00298

UTE Portos Zona Cero

Transporte de mercadorías desde Ribeira ata Carballo levándose a cabo no momento do control, en que se constata que se efectuou unha condución de 6.04 horas, entre as 10.59 horas do 6.2.2015 e as 18.56 horas do 6.2.2015, implicando unha condución ininterrompida superior a 6 horas e inferior ou igual a 8 horas sen respectar as pausas regulamentariamente exixidas dentro das 4,5 primeiras horas de condución. Achégase como proba o tícket diagrama do tacógrafo onde se observa a infracción. O condutor manifesta que nesa xornada realizou unha condución cun vehículo de recollida de lixo. Circula en baleiro.

140.37.4

1.000,00 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta

LU-00324-O-2015

RA/DXM/CIV/2018/00214

2667FVN

Galipack Express, S.L.

Rpte.: Jesús Javier García Santos

Transporte de mercadorías desde A Coruña ata Zamora sen ter consignado toda a información nunha folla de rexistro ou documento de impresión dos tempos de condución e descanso, cando as normas da UE reguladoras da materia lle atribúen a consideración de infracción moi grave. Obsérvase un período indeterminado entre as 13.47 e as 17.10 do 2.2.2015. Achéganse impresións 24H tarxeta condutor.

140.22 LOTT

2.001,00 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta

OU-01995-O-2014

RA/DXM/CIV/2017/00804

Terraplanagens, LDA

Transporte de mercadorías desde Laza ata Vilar de Barrio sen levar o orixinal da copia certificada conforme da licenza comunitaria e/ou autorización, ou fotocopia compulsada necesarias para realizar transporte público internacional de mercadorías. Realiza transporte público de mercadorías en España, carecendo de licenza comunitaria para realizar transporte internacional de mercadorías, transportando terra e pedras das obras do AVE; cargan no túnel do Corno-Cerdedelo e descargan no vertedoiro da obra en Prado.

140.1 LOTT

4.001,00 €

Inadmisión, confirmando a sanción imposta

XC-06088-O-2014

RA/DXM/CIV/2017/00666

5248FPF

Señalizaciones Norte, S.L.

Transporte de mercadorías desde Dodro ata Vilagarcía de Arousa sen levar inserida no tacógrafo a tarxeta de condutor ou a folla de rexistro dos tempos de condución e descanso, cando isto resulte exixible ou facelo incorrectamente. Non levar inserida a tarxeta de tacógrafo dixital en segundo condutor téndoa Joaquín Vicente Barrera Rondon.

140.22 LOTT

2.001,00 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta

OU-00948-O-2015

RA/DXM/CIV/2017/00807

4893HKY

Translíquidos Coruña, S.L.

Transporte de mercadorías desde Pontevedra ata Fuenlabrada utilizando un dispositivo de limitación de velocidade que non funciona axeitadamente por razón imputable ao transportista, por circular a unha velocidade media de 96 km/h durante 5 minutos desde as 9.42 horas UTC o 29.5.2015. Velocidade máxima alcanzada 101 km/h. Transporta un 1791 hipoclorito en solución.

140.33 LOTT

1.001,00 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta

XC-06008-O-2014

RA/DXM/CIV/2017/00716

C5019CF

Excavaciones y Transportes Constenla, S.L.U.

Transporte de mercadorías desde Melide ata Palas de Rei de carácter público, carecendo de título habilitante. Realizar transporte público de mercadorías e transportando áridos e carecendo de autorización ou visado de transportes.

140.1 LOTT

4.001,00 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta

LU-00194-O-2015

RA/DXM/CIV/2018/00087

0198GBN

Trabegons, S.L.

Transporte de mercadorías desde Pontevedra ata León utilizando a tarxeta doutro condutor ou unha folla de rexistro con nome ou apelido diferentes aos do condutor. No momento da inspección circula facendo uso da tarxeta P0000001377357000 a nome de Manuel Carlos Ribeiro Sousa. Achéganse impresións 24H tarxeta de condutor utilizada. Intervense a dita tarxeta.

140.22 LOTT

2.001,00 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta

OU-00206-O-2015

RA/DXM/CIV/2018/00091

2079BSC

Cuesta Ochoa, S.L.

Transporte de mercadorías desde Melgar de Fernamental ata Lalín levándose a cabo no momento do control, no cal se constata que se efectuou unha diminución do tempo de descanso semanal, entre as 7.35 horas do 19.1.2015 e as 22.05 horas do 31.1.2015. Descanso realizado 34.05 horas (igual ou superior a 30 horas e inferior a 36 horas), comprendidas entre as 22.05 horas do 31.1.2015 e as 8.10 horas do 2.2.2015. Isto supón unha diminución superior a 9 horas nos tempos de descanso semanal obrigatorio. Falta de descanso semanal por ser reducido e consecutivo a outro descanso semanal reducido. Transporta alpacas de palla. Achéganse follas de rexistro do dito período. Folla do día 2.2.2015

140.37.6 LOTT

1.001,00 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta

XC-02485-O-2015

RA/DXM/CIV/2018/00297

3707GCZ

Servicios Globales Almi 2012, S.L.

Transporte de mercadorías desde Santiago de Compostela ata o polígono de Pocomaco sen levar inserida no tacógrafo a tarxeta de condutor ou a folla de rexistro dos tempos de condución e descanso, cando isto resulte exixible ou facelo de xeito incorrecto. Tras efectuar a descarga oficial de datos do aparello de tacógrafo dixital, detéctase unha condución sen tarxeta inserida, en data 31 de marzo de 2015 ao 1 de abril de 2015, cun percorrido de 147 km.

140.22 LOTT

2.001,00 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta

XC-03788-O-2015

RA/DXM/CIV/2018/00285

6737HJX

Galipack Express, S.L.

Transporte de mercadorías desde Culleredo ata A Coruña; reparto sen levar inserida no tacógrafo a tarxeta de condutor ou a folla de rexistro dos tempos de condución e descanso, cando isto resulte esixible ou facelo de xeito incorrecto. Realizada a descarga de datos do tacógrafo detéctase condución sen tarxeta de condutor o día 2.7.2015 desde as 12.59 horas UTC e as 13.45 horas UTC (total 0.45 horas, percorrido 66 km). Achégase documento impreso. O condutor non presenta documentos impresos que xustifiquen esta condución.

140.22

2.001,00 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta

PO-00809-O-20153

RA/DXM/CIV/2018/00117

2828HXD

Transporte y Logística, S.L.

Facilitar contratar un transporte de mercadorías perigosas ao vehículo 2828HXD e semirremolque R-3617-BBD da titularidade de transportes Hnos. Chinchon López, S.L..Transporte de mercadorías desde Vigo ata Portugal transportando mercadorías perigosas e portando documentos de transporte que non conteñen a correspondente información correcta, consistente en que non figuran reseñadas mercadorías perigosas transportadas, 12 bidóns (serricánse) de 25 litros un 2817, 4 sacos de plástico de 25 kg un 3260, 3 bidóns metálicos de 50 kg un 1463 e 1 GRG 1.000 kg un 3082.

140.15.8

4.001,00 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta

XC-02973-O-2015

RA/DXM/CIV/2018/00033

C1364AS

EXL Quintaglass, S.L.

Transporte de mercadorías desde Valga ata Padrón realizando transporte privado complementario, ao abeiro de autorizacións de transporte privado complementario, de servicios que non cumpren algunha das condicións do artigo 102.2 LOTT. O condutor non acredita a relación laboral co titular da empresa.

140.1 LOTT

4.001,00 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta

XC-01221-O-2015

RA/DXM/CIV/2018/00106

PO6795BS

Energía Alternativa Gallega
Rpte.: Alejandro Arias Díaz Eimil

Transporte de mercadorías desde Cerceda ata Pontevedra transportando mercadorías perigosas, na carta de porte non indica a designación oficial do transporte. Transporta UN 3082 e non fai constar a denominación oficial da materia. Fan constar «fuel», sendo o correcto: sustancia líquida potencialmente perigosa para o ambiente. Así mesmo, consta a cantidade de mercadoría transportada nunha unidade de medida que non corresponde coa da mercadoría transportada: líquido, sendo expresada na carta de porte como TM (peso).

140.15.13

4.001,00 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta

PO-01039-S-2015

RA/DXM/CIV/2018/00027

2429HBG

Bebidas Gaseosas del Noroeste

Carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo dixital ou analóxico que se estea a utilizar. O condutor non ten rexistrada actividade na súa tarxeta entre os días 29.1.2015 e 6.2.2015. Manifesta ter conducido un vehículo sen tacógrafo e solicitado o correspondente certificado de actividades, manifesta non posuílo. Por parte do servizo de Mobilidade en Pontevedra solicítase informe á Seguridade Social sobre o condutor Jerónimo de Jesús Andrés, recíbese informe no cal se indica que o dito condutor foi contratado por Ranstad Empleo, S.A. ETT, para traballar en Bebidas Gaseosas del Noroeste, S.A.

140.35 LOTT

1.001,00 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta

PO-01420-S-2015

RA/DXM/CIV/2018/00075

2101DHN

Transtanoa, S.L.

Denuncia feita pola policía local de Vigo o día 31.12.2014, que detén o vehículo matrícula 2101DHN con semirremolque R-3709BCD na avenida de Beiramar coa rúa Coruña en Vigo, e comproba a manipulación do tacógrafo, xa que o condutor circula coa tapa do tacógrafo aberta, polo que non queda ningunha constancia dos datos na folla de rexistro. No momento de decatarse o condutor da presenza policial pecha a tapa do tacógrafo en marcha, e queda constancia de breves marcas de velocidade, actividade e distancia na folla de rexistro, momento en que se dá o alto. O tacógrafo que leva instalado o vehículo é o modelo 2456, co número de serie 24132245 e homologación E11-27. Fíxose un percorrido co camión de aproximadamente cinco minutos, cunha folla de rexistro de probas, e comprobouse que o tacógrafo rexistra correctamente. Descartada, polo tanto, calquera anomalía ou avaría deste. O vehículo circula en baleiro.

140.10 LOTT

4.001,00 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta

LU-02656-O-2014

RA/DXM/CIV/2018/00077

6223GBB

Magic Invest Europa, S.A.

Transporte de mercadorías desde Outeiro de Rei ata A Coruña facendo uso incorrecto do selector de actividade. O selector atópase en posición de «dencanso», estando realizando a actividade de «outros traballos». Ao estar o condutor realizando a descarga de combustible na gasolineira de Robra (colocación de mangueira, pendente da descarga e retirada dela), entre as 7.48 e as 8.47 (UTC). Achégase documento impreso do día 8.

140.26

1.001,00 €

Estimatoria, deixando sen efecto a sanción

PO-01136-O-2015

RA/DXM/CIV/2018/00120

B4462MH

Alter Ferretería, S.L.

Transporte de mercadorías desde Vilaboa ata Pontevedra carecendo a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea a utilizar. Servizo público.

140.35 LOTT

1.001,00 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta

OU-00314-O-2015

RA/DXM/CIV/2018/00116

OU9272V

Isaac Caneiro Domínguez

Transporte de mercadorías desde Maceda ata Viana do Bolo realizando transporte privado complementario, de servizos que non cumpren algunha das condicións do artigo 102.2 LOTT. Transporta 20 porcos, sen xustificar o condutor ter relación laboral co titular do vehículo. Manifesta que empezou a traballar fai un mes.

140.1 LOTT

4.001,00 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta

PO-00850-O-2015

RA/DXM/CIV/2018/00101

8709HDJ

Trans Cogegasa, S.L.

Transporte de mercadorías desde Ponteareas ata Vigo levándose a cabo no momento do control, en que se constata que se efectuou unha diminución do tempo de descanso semanal, entre as 00.00 horas do 15.12.2014 e as 00.00 horas do 22.12.2014. Descanso realizado 13.06 horas (inferior a 24 horas), comprendidas entre as 21.16 horas do 25.12.2014 e as 10.22 horas do 26.12.2014. Isto supón unha diminución superior a 9 horas nos tempos de descanso semanal obrigatorio de 45 horas. Falta de descanso semanal por non terse iniciado antes de finalizar as 6 xornadas consecutivas.

140.37.6 LOTT

2.000,00 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta

PO-02969-O-2014

RA/DXM/CIV/2018/00098

2939HGP

José María Nieto Ares

Transporte de mercadorías desde Cambados ata Benavente carecendo a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea a utilizar. Non presenta actividade en tarxeta entre os días 3 e 16.9.2014. Non presenta certificado de actividades expedido pola empresa. Manifesta ser mecánico da empresa. No momento do control circula cargado de peixe fresco.

140.35 LOTT

1.001,00 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta