Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Luns, 11 de marzo de 2019 Páx. 13590

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 5 de febreiro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, por el que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da infraestrutura gasística de distribución denominado subministración con gas natural en MOP 4 bar ao sector SUD-11 Dorneda-Campo de golf no termo municipal de Oleiros, promovido por Nedgia Galicia, S.A. (expediente IN627A 2018/30-1).

Para os efectos previstos no artigo 73 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, e no artigo 78 do Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural, sométese a información pública o seguinte proxecto de autorización administrativa:

Peticionaria: Nedgia Galicia, S.A. con CIF nº A15383284, e con enderezo para os efectos de notificación en rúa Lisboa, s/n, Edificio Área Central, local 31- HIJ, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

Obxecto da petición: o obxecto da petición é a autorización para executar a infraestrutura gasística correspondente á rede de distribución a MOP 4 bar para a subministración de gas natural na Urbanización SUD-11 XAZ:

Instalación dunha rede de distribución de gas natural, para dar cobertura aos puntos de subministración dos futuros clientes do Sector SUD-11 Dorneda-Campo de Golf que consisten na realización dunha rede de distribución MOP 4,0 bar, constituída por un total de 8.173 metros de tubo de polietileno PE100 e SDR 17,6/SDR 17, de 160, 110, 90 e 63 mm de diámetro;

– PE 63: 3.183 m.

– PE 90: 2.865 m.

– PE 110: 1.363 m.

– PE 160: 762 m.

– Válvulas 7 uds.

– Orzamento 56.266,36 €.

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos, poidan presentar as súas alegacións, no prazo de 20 días a partir da data da última publicación deste anuncio, podendo examinar o correspondente proxecto no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña.

A Coruña, 5 de febreiro de 2019

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña