Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Luns, 11 de marzo de 2019 Páx. 13607

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 25 de febreiro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, de comunicación da data de ocupación e requirimento das follas de valoración no expediente de expropiación IN407A 2017/166-1, nos concellos de Zas, Vimianzo e Dumbría.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante o presente anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación denominada LAT parques eólicos Monteourado-Eixe/Monte O Tourado-subestación recolectora Regoelle, nos concellos de Zas, Vimianzo e Dumbría (expediente IN407A 2017/166-1), correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

A Coruña, 25 de febreiro de 2019

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2017/166-1.

Entidade beneficiaria: Fenosa Wind, S.L.

Denominación da instalación: LAT parques eólicos Monteourado-Eixe/Monte O Tourado-subestación recolectora Regoelle.

Concellos: Zas, Vimianzo e Dumbría.

Finca

Concello

Titularidade proposta

Data ocupación

V 24 A

Vimianzo

Herdeiros de Manuel Ramos Mourelle

11.2.2019

V 146 (III)

Vimianzo

Manuel Tomé Lado

11.2.2019

V 154 (III)

Vimianzo

Pedro Oreiro Rodríguez

11.2.2019

D 10

Dumbría

Andrés Senra Bargas

11.2.2019

D 54

Dumbría

Concepción García Caamaño

11.2.2019