Por Resolución do 17 de decembro de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, fíxose público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 13 de decembro de 2018, polo que se declarou de utilidade pública, en concreto, así como a prevalencia con diversos aproveitamentos forestais, do parque eólico Paradela, localizado no concello de Paradela (Lugo).
De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse os interesados que figuran no anexo para seren notificados por comparecencia, por non ter sido posible practicar a notificación prevista na citada norma.
As persoas interesadas ou os seus representantes legais deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, sita no Edificio Administrativo San Caetano s/n, bloque 5, 4º andar, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
Transcorrido o prazo indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2019
Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas
ANEXO
Predio do proxecto nº |
Polígono |
Parcela |
Concello |
Interesado |
Acto que se notifica |
- |
- |
- |
Paradela |
Fidel López López |
Declaración de utilidade pública |
- |
- |
- |
Paradela |
Manuel Arias López |
Declaración de utilidade pública |