Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Venres, 8 de marzo de 2019 Páx. 13080

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura e Turismo

ORDE do 27 de febreiro de 2019 pola que se ratifica o acordo de extinción da Fundación Teatro Principal de Tui e se dispón a súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

Examinado o expediente de extinción da Fundación Teatro Principal de Tui, adscrita ao protectorado da Consellería de Cultura e Turismo, resultan os seguintes

Feitos:

Primeiro. Con data do 21 de decembro de 2018 tivo entrada na Consellería de Cultura e Turismo a solicitude de ratificación e posterior inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego do acordo de extinción da Fundación Teatro Principal de Tui, adoptado polo padroado o 19 de decembro de 2018.

Segundo. A Fundación Teatro Principal de Tui foi constituída mediante escritura pública do 5 de abril de 2000, outorgada ante o notario do Ilustre Colexio da Coruña, José María Rodríguez Enríquez, co número 623 do seu protocolo. A Fundación Teatro Principal de Tui foi clasificada de interese cultural por Orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 27 de abril de 2000 (DOG núm. 90, do 11 de maio de 2000) e declarada de interese galego por Orde da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo do 19 de maio de 2000 (DOG núm. 113, do 12 de xuño), e figura inscrita no Rexistro de Fundacións de Interese Galego co número 2000/6.

Terceiro. De acordo co artigo 6 dos seus estatutos, os fins da fundación son a adquisición do inmoble do Teatro Principal de Tui e terreo veciño, a rehabilitación do edificio do devandito teatro, así como o desenvolvemento de actividades culturais (teatro, cinema, música, danza, conferencias, exposicións de arte, etc.) no seo do seu ámbito escénico.

Cuarto. O órgano de goberno da fundación, na súa reunión do 19 de decembro de 2018, adoptou o acordo de extinción da fundación por imposibilidade de realizar os fins fundacionais.

No expediente tramitado para o efecto consta a seguinte documentación:

a) Certificación do acordo de extinción adoptado polo padroado.

b) Memoria xustificativa da concorrencia da causa de extinción.

c) As contas da fundación na data de adopción do acordo.

d) Proxecto de distribución dos bens e dereitos resultantes da liquidación.

e) Informe-proposta do protectorado.

Consideracións legais:

Primeiro. A Consellería de Cultura e Turismo é competente para o exercicio das funcións de protectorado sobre a Fundación Teatro Principal de Tui, de conformidade co establecido no Decreto 163/2018, do 13 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura e Turismo, en relación co artigo 47 da Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións de interese galego.

De acordo co disposto no artigo 7.2.b) do Decreto 15/2009, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Fundacións de Interese Galego, corresponde á Consellería de Cultura e Turismo a inscrición na sección correspondente do Rexistro de Fundacións de Interese Galego de todos os actos relativos ás fundacións sobre as cales exerza as funcións de protectorado.

Segundo. O artigo 44 da Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións de interese galego, establece entre as causas de extinción das fundacións a imposibilidade de realización do fin fundacional, sendo necesario para tal efecto o acordo favorable do padroado, ratificado polo protectorado. O dito artigo dispón, así mesmo, que o acordo de extinción se inscribirá no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

Terceiro. O acordo de extinción adoptouse seguindo os requisitos establecidos na normativa vixente e nos estatutos da fundación, e foi aprobado polo padroado na súa reunión do 19 de decembro de 2018. No expediente tramitado consta a memoria xustificativa da causa de extinción e a demais documentación prevista nos artigos 44 e 45 da Lei 12/2006 e no artigo 48 do Decreto 14/2009, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de fundacións de interese galego.

Cuarto. En exercicio da facultade prevista no artigo 33 dos seus estatutos, o padroado da fundación acorda que os bens e dereitos resultantes da liquidación sexan destinados ao Concello de Tui.

Polo exposto, e de conformidade co establecido na Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións de interese galego, no Decreto 14/2009, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de fundacións de interese galego, e no Decreto 15/2009, da mesma data, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Fundacións de Interese Galego, e demais normativa de xeral aplicación,

DISPOÑO:

Primeiro. Ratificar o acordo de extinción da Fundación Teatro Principal de Tui, adoptado polo padroado da fundación na súa reunión do 19 de decembro de 2018.

Segundo. Ordenar a inscrición da extinción no Rexistro de Fundacións de Interese Galego, Sección da Consellería de Cultura e Turismo.

Terceiro. Declarar como destinatario dos bens e dereitos resultantes da liquidación o Concello de Tui.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que, con carácter potestativo, poida interpoñerse recurso de reposición ante o conselleiro de Cultura e Turismo, no prazo dun mes, segundo o disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O conselleiro de Cultura e Turismo
P.D. (Orde do 25.1.2012; DOG núm. 27, do 8 de febreiro
Disposición adicional terceira do Decreto 106/2018, do 4 de outubro)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura e Turismo