Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Xoves, 7 de marzo de 2019 Páx. 13059

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bergondo

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual sexta das normas subsidiarias do planeamento de Bergondo. Precisión das condicións de ordenación (expediente 2017/X999/000103).

O Pleno Municipal de Bergondo, na súa sesión ordinaria do 31 de xaneiro de 2019, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual sexta das normas subsidiarias de Bergondo «Precisión de condicións de ordenación», redactada pola arquitecta María Ríos Carballeira, coas puntualizacións efectuadas polos servizos técnicos e xurídicos adscritos ao Departamento de Urbanismo e Medio Ambiente do Concello de Bergondo. O que se fai público para xeral coñecemento.

Tanto o instrumento de planeamento coma o expediente se someten a información pública durante o prazo de dous meses, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia, de conformidade do previsto no artigo 60.6 da Lei 2/2016, do solo de Galicia.

Durante o citado prazo, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, poderanse formular as alegacións que se consideren pertinentes.

O expediente poderá ser consultado, mediante ligazón na páxina web do Concello (http://bergondo.gal/) ou mediante a consulta nas oficinas do Departamento de Urbanismo e Medio Ambiente Municipal, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

No citado acordo plenario acordouse a suspensión da tramitación dos estudos de detalle que se prevexan en parcelas superiores ou iguais a 3.000 m2 regulados na ordenanza relativa a zona residencial extensiva vivenda unifamiliar, edificación conxunta tipo 2, nos núcleos en que é de aplicación esta ordenanza: Guísamo, Bergondo, Costa de Ouces, Gandarío e Moruxo, durante o prazo máximo de dous anos contados a partir da data de aprobación inicial desta modificación, de conformidade co artigo 47.2 da Lei 2/2016, do solo de Galicia.

Bergondo, 6 de febreiro de 2019

Alejandra Pérez Máquez
Alcaldesa