Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Xoves, 7 de marzo de 2019 Páx. 13060

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Verín

ANUNCIO de aprobación inicial do Plan especial de infraestruturas e dotacións da rolda interior de Verín (tramo sexto) e parque do Támega-Preguiza.

Por Acordo da Xunta de Goberno Local de data 15 de febreiro de 2019 aprobouse inicialmente o Plan especial de infraestruturas e dotacións da rolda interior de Verín (tramo sexto) e parque do Támega-Preguiza, promovido polo Concello de Verín segundo o proxecto redactado por Otima, S.L., e presentado neste concello con data do 2 de xaneiro de 2019.

De acordo co disposto no artigo 75.1.a) da Lei 2/2016 do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e artigo 186.1.a) do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, que aproba o regulamento da citada lei, sométese o expediente administrativo ao trámite de información pública durante o prazo de dous meses mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia, así como na páxina web do Concello de Verín.

Durante o dito prazo, que comezará a contarse desde a data de publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia, o expediente administrativo quedará á disposición de calquera que queira examinalo no Servizo de Urbanismo do Concello de Verín, así como na páxina web deste concello (www.verin.gal), para que se formulen as alegacións que se consideren oportunas.

Notificarase individualmente a todas as persoas titulares catastrais dos terreos afectados polo ámbito do Plan especial de infraestruturas e dotacións da rolda interior de Verín (tramo sexto) e parque do Támega-Preguiza, no concello de Verín.

De acordo co disposto no artigo 47 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia e artigo 86 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, suspéndese o procedemento de outorgamento de licenzas de edificación e demolición en todo o ámbito do Plan especial de infraestruturas e dotacións da rolda interior de Verín (tramo sexto) e parque do Támega-Preguiza, no concello de Verín.

Esta suspensión terá unha duración máxima de dous anos contados desde esta aprobación inicial e, en calquera caso, extinguirase coa aprobación definitiva do plan especial.

Darase cumprimento ao resto de trámites legalmente exixidos para acadar a aprobación definitiva do plan especial.

Verín, 27 de febreiro de 2019

Gerardo Seoane Fidalgo
Alcalde