Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Xoves, 7 de marzo de 2019 Páx. 12983

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda)

ANUNCIO da interposición do recurso contencioso-administrativo 4371/2018 contra o Decreto 103/2018, da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, polo que se aproba o Regulamento da Lei 4/2013, de transporte público de persoas en vehículos de turismo de Galicia.

Neste órgano xudicial a procuradora Ángela Marina Cortiñas Rivas, en nome e representación de Autocares Muíños, S.L., interpuxo o recurso contencioso-administrativo 4371/2018 contra a Consellería de Infraestruturas e Vivenda, sobre impugnación directa do Decreto 103/2018, do 13 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 4/2013, de transporte público de persoas en vehículos de turismo de Galicia.

Polo que, en cumprimento da dilixencia de ordenación do 15 de febreiro de 2019 e do establecido no artigo 47.2 da Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (LXCA), se concede un prazo de quince días para a comparecencia daqueles que teñan interese lexítimo en soster a conformidade a dereito da disposición, acto ou conduta impugnados.

A Coruña, 15 de febreiro de 2019

José Miguel Formoso Sobrado
Letrado da Administración de xustiza