Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Mércores, 6 de marzo de 2019 Páx. 12840

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Zas (expediente IN407A 2015/167-1).

Expediente: IN407A 2015/167-1.

Promotor: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Instalación: modificado 1 do proxecto de recuamento da LMT VIM-802 no lugar de San Tirso.

Concello: Zas.

Feitos.

1. O 23 de marzo de 2017, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da dita instalación de distribución eléctrica.

2. Características técnicas:

• Retensado do treito de liña eléctrica de media tensión aérea VIM-802, entre os apoios núm. 64-20-24 e núm. 64-20-25 (actuación núm. 1), a 20 kV, cunha lonxitude de 0,097 km, coa orixe no apoio núm. 64-20-24 existente da LMT VIM-802, no treito entre a derivada ao CT Orbellido II (expediente 50.294) e a derivada ao CT Couto (expediente 50.804), condutor tipo LA-30 mm2 (existente), e remate no apoio núm. 64-20-25 que se vai intercalar na LMT VIM-802, no treito entre a derivada ao CT Orbellido e a derivada ao CT Couto.

• Treito de liña eléctrica de media tensión aérea VIM-802, entre apoios núm. 64-20-26-1 e núm. 64-20-26 (actuación núm. 2), a 20 kV, cunha lonxitude de 0,041 km, coa orixe no apoio núm. 64-20-26-1 que substitúe ao existente da LMT VIM-802, no treito da derivada ao CT Couto, condutor tipo LA-30 mm2, e remate no núm. 64-20-26 proxectado que substitúe ao existente da LMT VIM-802, apoio onde actualmente realizase o entronque da derivada ao CT Couto.

• Liña de media tensión soterrada, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,220 km, coa orixe no paso aéreo a soterrado a realizar no apoio núm. 64-20-25 proxectado a intercalar na LMT VIM-802, no treito entre a derivada ao CT Orbellido II e a derivada ao CT Couto, en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV- 1×240 Al, e remate no paso de soterrado a aéreo que se vai realizar no apoio núm. 64-20-26-1 proxectado que substitúe ao existente da LMT VIM-802, no treito da derivada ao CT Couto.

O orzamento da instalación, segundo o proxecto, é de 50.954,58 €.

3. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante resolución publicada nos seguintes medios:

– Acordo de información pública: 8 de maio de 2017.

– DOG: 1 de xuño de 2017.

– BOP: 15 de maio de 2017.

– Xornal La Voz de Galicia: 9 de xuño de 2017.

Taboleiro de anuncios do concello: segundo dilixencia do secretario municipal do 4 de abril de 2018.

Ao mesmo tempo, realizáronse notificacións individuais ás persoas titulares que figuran na relación de bens e dereitos afectados.

Mediante anuncio publicado no BOE do 3 de febreiro de 2017, notificóuselles ás persoas interesadas descoñecidas, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

4. Durante o período en que se someteu ao trámite de información pública achegáronse as seguintes alegacións.

• Manuel Blanco Lage, mediante o escrito recibido o 30 de agosto do 2017, solicita o desprazamento do apoio situado no seu predio cara ao lindeiro, sen mudar a traza.

5. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos.

6. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas.

1. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

– Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

– Decreto 146/2016, do 13 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia (DOG núm. 217, do 14 de novembro).

– Decreto 175/2015, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria (DOG núm. 232, do 4 de decembro).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro de 1954).

– Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

2. Na visita de campo realizada para examinar o lugar da instalación non se apreciou, nos predios sometidos a expropiación, ningunha das limitacións á constitución da servidume indicadas no artigo 58.a) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

3. Con respecto á alegación presentada por Manuel Blanco Lage:

• No escrito do 13 de outubro de 2017, Unión Fenosa Distribución, S.A., valora as alegacións achegadas por Manuel Blanco Lage e, en síntese, manifesta a imposibilidade de atender a dita modificación xa que incumpriría a normativa urbanística do Concello de Zas.

• Manuel Blanco Lage, por medio do escrito recibido o 9 de novembro de 2017, discrepa da interpretación que fai da lexislación urbanística Unión Fenosa Distribución, S.A., e se reitera na súa solicitude.

• Con data do 1 de xuño de 2018, esta xefatura territorial require un informe ao Concello de Zas para que avalíe a viabilidade urbanística do desprazamento do apoio.

• O 12 de setembro de 2018, esta xefatura territorial reitera a solicitude de informe ao Concello de Zas.

A día de hoxe, non consta no expediente ningunha resposta ás anteriores solicitudes de informe. Por conseguinte, non se pode admitir a alegación presentada por Manuel Blanco Lage xa que non está acreditada a posibilidade legal de efectuar a variación do trazado que propón.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

Consonte con todo o indicado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da dita instalación de distribución eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir da data de ocupación dos terreos.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do/a director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas para a montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro de 2015), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que considere pertinente.

Notifíqueselle a Unión Fenosa Distribución, S.A. esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 13 de febreiro do 2019

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña