De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de intentada a notificación do requirimento de documentación no último domicilio das persoas interesadas sen poder efectuala, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo para que no prazo de quince (15) días, contados desde o seguinte ao da data de publicación deste anuncio, comparezan no Rexistro de Parellas de Feito para comunicarlles o contido do requirimento de emenda. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
No caso de non facelo, teranse por desistidas da súa solicitude, que se arquivará despois de ditar a correspondente resolución.
Os expedientes relacionados están á disposición das persoas interesadas para que poidan consultalo na Xefatura Territorial da Coruña, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña.
A Coruña, 14 de febreiro de 2019
Xefa territorial da Coruña
P.S. (Orde do 22.3.2016)
Patricia Rodríguez Franco
Secretaria territorial da Coruña
ANEXO
Expediente |
NIF/NIE/Pasaporte |
AC-2009/01607 |
52435777D |
52435807Q |
|
AC-2015/00249 |
32719765B |