Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Mércores, 6 de marzo de 2019 Páx. 12823

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 14 de febreiro de 2019, da Dirección Xeral de Xustiza, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia para os efectos do coñecemento da Resolución do 18 de xaneiro de 2019.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de ser intentada sen éxito a notificación obxecto deste anuncio a DNI 32764041N, na forma prevista nos artigos 41 e 42 do citado texto legal, procédese a publicar indicación do dito acto administrativo, por entender que a súa publicación íntegra podería lesionar dereitos e intereses lexítimos.

O interesado que se cita, ou o seu representante debidamente acreditado, poderá comparecer para o coñecemento íntegro da dita resolución, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Dirección Xeral de Xustiza da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, sita na rúa Madrid, 2-4, 2º, As Fontiñas, Santiago de Compostela. A comparecencia efectuarase en horario comprendido das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da comparecencia ou, transcorrido o dito prazo sen efectuarse esta, desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Contra a resolución que se notifica, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado competente no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da súa notificación, ou ben recurso potestativo de reposición ante este mesmo centro directivo no prazo dun mes.

Este anuncio publícase para que conste e lle sirva de notificación ao interesado en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2019

Juan José Martín Álvarez
Director xeral de Xustiza

ANEXO

Acto de notificación: resolución da Dirección Xeral de Xustiza.

Data da resolución: 18 de xaneiro de 2019.

Interesado: DNI 32764041N.