Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Mércores, 6 de marzo de 2019 Páx. 12826

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 10 de xaneiro de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai publica a declaración de impacto ambiental do proxecto de ampliación da explotación mineira Granitos del NO número 6, concello de Arteixo, promovido por Explotaciones y Canteras de Moucho, S.A.U. (clave 2016/0035).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 41, punto 3, faise pública a declaración de impacto ambiental do 10 de xaneiro de 2019 do proxecto de ampliación da explotación mineira Granitos del NO nº 6, concello de Arteixo, promovido por Explotaciones y Canteras de Moucho, S.A.U.

Esta declaración de impacto ambiental pódese consultar na seguinte ligazón http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, baixo).

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2019

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático