Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Luns, 4 de marzo de 2019 Páx. 12428

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (MMC 201/2018-A).

Modificación de medidas suposto contencioso 201/2018

Sobre modificación medidas

Demandante: Mónica Pérez Fernández

Procuradora: Mónica Vidal Fernández

Avogado: Jacobo Luis Lago Rodríguez

Demandado: Fernando Javier Alonso Fernández

Eu, Sarai Paniagua Acera, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, anuncio:

No presente procedemento de modificación de medidas contenciosas, seguido por instancia de Mónica Pérez Fernández contra Fernando Javier Alonso Fernández, ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza 413.

Vigo, 5 de decembro de 2018.

María Dolores Rodríguez Leirós, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo e do seu partido xudicial, vistos os autos do procedemento sobre modificación de medidas número 201/2018, seguidos por instancia de Mónica Pérez Fernández, representada procesualmente pola procuradora Mónica Vidal Fernández e asistida polo letrado Jacobo Luis Lago Rodríguez, fronte a Fernando Javier Alonso Fernández, en situación de rebeldía procesual, con intervención da representante do Ministerio Fiscal.

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Decido que debo estimar e estimo a demanda de modificación de medidas definitivas interposta pola procuradora Sra. Vidal Fernández, en nome e representación de Mónica Pérez Fernández, fronte a Fernando Javier Alonso Fernández, e acordo suspender o réxime de visitas coa menor, Xenia Alonso Pérez, establecido a favor do pai, Fernando Javier Alonso Fernández, en sentenza do 16 de marzo de 2011, pola que concluíu o procedemento sobre relación more uxorio seguido ante este xulgado co número 895/2010.

Non procede efectuar especial pronunciamento sobre as custas deste procedemento.

Notifíquese esta resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal, con apercibimento de que non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de apelación, nos prazos e termos previstos nos artigos 458 e seguintes da Lei de axuizamento civil, para a súa resolución pola Audiencia Provincial de Pontevedra, logo de consignación do depósito previsto na disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica do poder xudicial.

Así por esta miña sentenza, definitivamente xulgando nesta instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E atopándose o dito demandado, Fernando Javier Alonso Fernández, en paradoiro descoñecido, expídese o presente a fin de que sirva de notificación en forma a este.

Vigo, 12 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza