Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Venres, 1 de marzo de 2019 Páx. 12098

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa ría

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 2019 pola que se adxudica o concurso público de selección de oferta para o outorgamento en réxime de autorización do almacén número 1, de 2.081,08 metros cadrados no peirao do Ramal (parcela 01-006), con destino a almacenamento, entrega e recepción de mercadorías con orixe ou destino na carga e/ou descarga de buques no porto de Vilagarcía de Arousa, estibada polo titular da concesión.

A presidenta da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa, con data do 1 de febreiro de 2019, resolveu adxudicar o concurso público e outorgar a P & J Carrasco, S.L. a autorización de dominio público A-0524 para ocupar o almacén nº 1 con 2.081,08 m2 no peirao do Ramal (parcela 01-006), coas seguintes condicións específicas:

Obxecto: almacenamento, entrega e recepción de mercadorías con orixe ou destino na carga e/ou descarga de buques no porto de Vilagarcía de Arousa, estibada polo titular da concesión.

Ocupación de dominio público: 2.081,08 m2.

Prazo: un (1) ano.

Taxas:

– Ocupación: 24.627,98 €/ano.

– Importe adicional sobre a taxa anual por ocupación: 39.158,49 €/ano.

– Actividade: 4.140 €/ano.

– Importe adicional resultante de aplicar o importe adicional sobre o tipo de gravame da taxa de actividade: 4.950 €/ano.

Vilagarcía de Arousa, 8 de febreiro de 2019

Sagrario Franco Malvar
Presidenta da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa