Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Venres, 1 de marzo de 2019 Páx. 12097

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de venda de parcela de 6.264,52 metros cadrados en SUR PPI-2, sector 2.

Por Decreto de Alcaldía de data 9 de febreiro de 2019 aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:

1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño.

2. Obxecto do contrato: venda de parcela de 6.264,52 m2 en SUR PPI-2, sector 2.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria/aberto.

4. Orzamento base de licitación: 444.123,11 € (IVE non engadido) mellorables á alza.

5. Garantías: 25 % do importe de adxudicación.

6. Prazo de presentación das proposicións: quince (15) días naturais desde o día seguinte á última publicación deste anuncio no DOG, no BOP e no perfil do contratante do Concello do Porriño (www.contratosdegalicia.es).

7. Apertura das ofertas: segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a licitación.

8. Gastos de anuncios: por conta do licitador que resulte adxudicatario.

9. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es

O Porriño, 11 de febreiro de 2019

Eva García de la Torre
Alcaldesa