A presidenta da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa, con data do 1 de febreiro de 2019, resolveu adxudicar o concurso público e outorgar a P& J Carrasco, S.L. a autorización de dominio público A-0525 para ocupar o almacén nº 2 con 2.067,00 m2 no peirao do Ramal (parcela 01-005), coas seguintes condicións específicas:
Obxecto: almacenamento, entrega e recepción de mercadorías con orixe ou destino na carga e/ou descarga de buques no Porto de Vilagarcía de Arousa, estibada polo titular da concesión.
Ocupación de dominio público: 2.067,00 m2.
Prazo: un (1) ano.
Taxas:
– Ocupación: 24.910,06 €/ano.
– Importe adicional sobre a taxa anual por ocupación: 44.838,11 €/ano.
– Actividade: 4.140 €/ano.
– Importe adicional resultante de aplicar o importe adicional sobre o tipo de gravame da taxa de actividade: 6.210 €/ano.
Vilagarcía de Arousa, 8 de febreiro de 2019
Sagrario Franco Malvar
Presidenta da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa