Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Xoves, 28 de febreiro de 2019 Páx. 11566

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (DSP 998/2017).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 998/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jaime Bouzas Silva contra Revestimientos Técnicos de Galicia, S.L., Renosek, S.L., Neira y Ferreira, S.L., con intervención do Fogasa, sobre despedimento, se ditou sentenza en data 5 de febreiro de 2109 cuxo encabezamento e decisión son os seguintes:

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: reclamación de cantidade número 998/2017

Demandante: Tomás Jaime Bouzas Silva

Letrado: Sra. Martínez Alvedro

Demandados: Revestimientos Técnicos de Galicia, S.L.; Renosek, S.L.; Neira y Ferreira, S.L.

Letrados: (…)

Fogasa: letrado

Sentenza 74/2019

A Coruña, 5 de febreiro de 2019

Decisión

1º. Estimo a demanda formulada por Jaime Bouzas Silva fronte á empresas Revestimientos Técnicos de Galicia, S.L., Renosek, S.L. e Neira y Ferreira, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno a demandada a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, ou ben, á elección da empresa, a que extinga a relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta decisión. Todo iso con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación da presente sentenza.

A dita opción deberá exercerse en 5 días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o dito termo sen que se optase, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización e os salarios de tramitación que deberán aboar as empresas solidariamente, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

— En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela: a cantidade de 11.622,33 euros.

— En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza, calculados a razón de 84,53 euros/día.

3º. Estimo a pretensión de reclamación de cantidade formulada por Jaime Bouzas Silva fronte ás empresas Revestimientos Técnicos de Galicia, S.L., Renosek, S.L. e Neira y Ferreira, S.L. e, en consecuencia, condeno as anteriores a aboarlle ao demandante a suma de 23.045,15 euros brutos en concepto de salarios debidos cos xuros do artigo 29.3 do ET.

O Fogasa pasará polo resolto na presente sentenza.

E para que lles sirva de notificación en legal forma a Revestimientos Técnicos de Galicia, S.L., Renosek, S.L., Neira y Ferreira, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 6 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza