Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Mércores, 27 de febreiro de 2019 Páx. 11402

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 26/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 26/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia da Tesouraría Xeral da Seguridade Social contra Robrosio, S.L., Varepi, S.L., ditáronse as seguintes resolucións cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto.

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2019.

Parte dispositiva.

Dispoño despachar orde xeral de execución da sentenza número 21/2017 de data 16 de xaneiro ditada en SSS 578/13 a favor da parte executante, Tesouraría Xeral da Seguridade Social fronte a Varepi, S.L., Robrosio, S.L., parte executada, por importe de 22.784,74 euros e 93.133,69 euros respectivamente en concepto de principal, máis outros 2.784,47 euros e 9.313,36 euros respectivamente, que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Este auto, xunto co decreto que ditará a letrada da Administración de xustiza, e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da Lei de axuizamento civil (LAC), quedando a executada apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da Lei de xurisdición social (LXS).

Contra este auto poderá interpoñerse recurso de reposición, a interpoñer ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, no cal ademais de alegar as posibles infraccións en que houbese de incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos orzamentos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que tivesen acaecido con posterioridade á súa constitución do título, non sendo a compensación de débedas admisible como causa de oposición á execución.

Así o acorda e firma SSª. Dou fe.

A xuíza

A letrada da Administración de xustiza».

«Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2019.

Parte dispositiva.

Co fin de dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

Requirir as executadas Varepi, S.L. e Robrosio, S.L., a fin de que no prazo de dez días aboen a cantidade de 22.784,74 euros e 93.133,69 euros respectivamente en concepto de principal, máis outros 2.784,47 euros e 9.313,36 euros respectivamente, que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, ingresando o devandito importe na conta deste xulgado, aberta no Banco Santander co número IBAN ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (número de expediente xudicial 1589 0000 64 0026 19), con apercibimento de que, en caso de non cubrir o requirimento no prazo conferido, procederase ao embargo dos seus bens para cubrir a dita suma, logo de investigación destes a través da aplicación informática deste xulgado.

Requirir a Varepi, S.L. e Robrosio, S.L., a fin de que no prazo de 10 días, manifesten relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, den ser o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non verificalo, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, no caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impoñérselle tamén multas coercitivas periódicas.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS).

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Robrosio, S.L., Varepi, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza